Comezamos o percorrido

¡Bo día amigos!

Dende a asociación de Estudantes de Medicina de Santiago de Compostela ME.I.GA estamos xa a traballar na organización da II Carreira da Saúde.

Como sabedes, este é un proxecto que levamos a cabo por primeira vez o ano pasado gracias ao esforzo do grupo de traballo de Saúde Pública. Con esta carreira pretendemos achegar ás persoas de todas as idades hábitos de vida saudables, o que queda reflictido no noso lema:

“Trota ou camiña, pero fai exercicio”

Deste xeito, os participantes ademais de percorrer 5 kilómetros de traxecto na Granxa do Xesto ao seu propio ritmo, puideron comer froita, beber bebidas isotónicas, e participar nunha pequena e espontánea festa que xurdiu ó finalizar a carreira.

Ademais, nesta carreira non solo gana quen chegue primeiro á meta: gana o corredor máis maior, o máis xoven, a familia máis extensa… E todos os participantes en xeral, pois coidando da nosa saúde, ganamos todos.

Tras o éxito do ano pasado, este curso temos motivación renovada e todas as persoas que formamos ME.I.GA estamos xa a traballar intensamente na organización do proxecto.

De momento non podemos adiantar moito máis, pero pedimos a todo aquel que lle interese colaborar ben con patrocinio  ou ben simplemente co seu tempo e esforzo, por favor envíe un mail á carreradelasalud2012@gmail.com ou ben deixe un comentario na entrada.

Moitas gracias pola atención, ¡SAÚDE!

About these ads

2 comentarios

Archivado bajo Uncategorized

2 respuestas a Comezamos o percorrido

  1. ray

    Colgaredes por aqui fotos e clasificación da carreira de este ano ?
    Agardamos ansiosos ! ;)

  2. ray

    Teremos carreira este ano tamén no mes de abril ? saudos.

Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s